Sunday 28 de April de 2024

Trabandainas e o Concello de Noia entréganlle á asociación Misela os 2.865 euros recadados na ruta solidaria do pasado 20 de outubro


 

O club de sendeirismo Trabandainas e o Concello de Noia entregáronlle esta mañá á asociación “Misela” os 2.835 euros recadados na ruta solidaria de 12 km celebrada o pasado 20 de outubro en Noia. A concelleira de Deportes de Noia, Laura Salgado, e a presidenta de Trabandainas, Pilar Santamaría, fixéronlle entrega do cheque á presidenta de “Misela”, Mari Carmen Hermida, coas achegas das 573 persoas que participaron na andaina e que doaron cada unha delas 5 euros.

A entrega tivo lugar nas instalacións de Misela en Noia e ao acto asistiron tanto as persoas que integran Misela como gran parte da directiva de Trabandainas. A ruta estivo organizada polo club Trabandainas e contou coa colaboración do Concello de Noia, Misela, Confraría de Pescadores de Noia, Gadis, Autos Comparado, Noia Histórica, Metal Noia, Restaurante O Rei Martiño, TCO Castro e Gómez, Panadería San Breixo, Café-Bar Baobab e Freire.